jueves, 2 de agosto de 2007


GRUPO HONREIRAS
Composto por oito rapaces e rapazas dende os 14 anos ata os 24.
Todos eles levan bailando dende pequenos, ou senón tanto, polo menos dende hai bastantes anos. Aínda que cad un leva diferentes estudios, ou traballos, sempre hai un día á semana para xuntarnos de novo e botar unhas pezas.
É o grupo que asume as actuacións máis lonxanas, tanto dentro como fora do noso país, aínda que tamén participa noutrasda comarca.
A parte de tocar e bailar, o máis importante é a festa, o compañerismo, os amigos os vínculos e as relacións grupais que se dan entre nós.
Este é un grupo festeiro e animado, con ganas de sair lonxe e coñecer mundo.

GRUPO LEMBRANZA
Integrado por quince nenas e nenos entre os sete e os dez anos.
Poderíamolos considerar a canteira da asociación.
A maioria leva bailando e tocando varios anos.
Pasaron por festas, bodas, romerias, festivais, concursos... tanto da nosa redonda como de pobos mais lonxanos.
É un grupo de rapaces muy traballadores, con ganas de aprender e moi motivados ante novos desafios.

GRUPO FROALLO
Está formado polos máis pequerrechiños da asociación. Son dez nenos e nenas con idades comprendidas entre os tres e os seis anos.
Aínda sendo tan pequenos, poñen no baile e na pandeireta tódalas súas ganas e ilusión.
Os máís xoviños, non actuaron nunca ( faráno este verán), en cambio outros xa son, casi uns experos neso de poñer o traxe e subir a un escenario.
Son os máis alegres e os menos vergonzosos e actúan normalmente en festas ou festivais da nosa comarca, e en diversos actos sociais e privados da mesma
.